App IES San Mamede: Política de privacidade

Ao descargar e usar a aplicación móbil do IES San Mamede manifestas que liches e aceptas a Política de privacidade.

Le detidamente esta política de privacidade para persoas usuarias da aplicación móbil IES San Mamede (en adiante a “aplicación”) como instrumento de punto de acceso centralizado a recursos do profesorado do IES San Mamede. Esta política de privacidade, así como as condicións de uso da aplicación, poderán complementarse coa información sobre o funcionamento publicada na web do centro.

IES San Mamede Rúa do Castelo Nº 3, Maceda (Ourense) CIF: Q8255183I

Contacto Protección de Datos: ies.san.mamede@edu.xunta.gal

A aplicación require dunha contrasinal proporcionada exclusivamente ao profesorado do IES San Mamede.

Orixe dos datos

  • Datos facilitados pola persoa usuaria da aplicación
  • Datos obtidos do dispositivo móbil

Finalidades do tratamento de datos e funcionalidades da aplicación

A aplicación ten como obxectivo achegar ao profesorado do IES San mamede un acceso sinxelo a diversos formularios de uso interno, ao calendario de enentos e aos avisos semanais enviados por correo electrónico.

​​Permisos que require a app

A aplicación solicita especificamente permisos necesarios para poder proporcionar o conxunto de funcionalidades das que consta. Solicítanse unha única vez e logo poden modificarse e incluso revogarse, anque isto poida afectar ó correcto funcionamento da app.

Os permisos necesarios son:

  • Aplicación Android:
    • Almacenamento (WRITE_EXTERNAL_STORAGE): A aplicación require acceder á galería para que se poidan seleccionar fotos para asociar ás xustificacións de ausencias. Tamén require o permiso de escritura para a descarga de documentos
    • Cámara (CAMERA): A aplicación necesita permiso de cámara para realizar fotografías dos xustificantes de ausencias.
    • Chamadas (CALL): Require permiso para poder realizar chamadas ao centro.

​​Lexitimación para o tratamento de datos persoais

Trataranse os datos necesarios para o bo funcionamento da aplicación e a operatividade das súas funcionalidades. O uso da aplicación e a configuración de cada unha das súas diferentes funcionalidades basearase na voluntariedade, de forma que a persoa usuaria poderá activar e desactivar cada unha delas de forma independente en todo momento, así como decidir desinstalar a aplicación. Todo iso, sen que se derive consecuencia negativa algunha para quen non poida ou decida non descargar ou non usar a aplicación.

Prazo de conservación dos datos

Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cada unha das funcionalidades da aplicación e procederase á súa supresión, conversión en anónimos e/ou bloqueo conforme ao previsto na normativa vixente.

Categorías de destinatarios dos datos persoais

Non están previstas comunicacións e/ou cesións de datos.

Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais e como solicitalos

O responsable do tratamento garantirá e facilitará en todo momento aos usuarios/aso exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente
  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte de xeito significativo de modo similar
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada

As persoas interesadas poderán solicitar o dereito de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos persoais tratados. Ademais, poderán retirar cada consentimento outorgado en calquera momento, aínda que iso non afectará á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada. Para elo bastará enviar un email ao contacto proporcionado máis arriba.

Ás persoas interesadas asísteas en todo momento o dereito para presentar unha reclamación fronte a Agencia Española de Protección de Datos – AEPD.

Outras garantías no tratamento dos datos

Tanto no desenvolvemento como na posta en marcha e funcionamento do sistema e da aplicación que dá acceso a este, e posteriormente na súa desactivación, estableceranse as garantías necesarias para as persoas usuarias e demais persoas afectadas respecto ao tratamento dos seus datos persoais, segundo o disposto na normativa vixente en materia de protección de datos e confidencialidade das comunicacións, en especial a Directiva 2002/58/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de xullo de 2002, relativa ao tratamento dos datos persoais e á protección da intimidade no sector das comunicacións electrónicas (Directiva sobre a privacidade e as comunicacións electrónicas), así como as súas normas de transposición, o Regulamento Xeral de Protección de Datos e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Estas garantías respectarán os principios recolleitos en dita normativa. En particular, a recompilación dos datos persoais rexerase polos principios xerais de efectividade, necesidade e proporcionalidade, respectándose en todo caso o principio de minimización dos datos.

Tomaranse medidas para garantir que calquera persoa que actúe baixo a autoridade do responsable e teña acceso a datos persoais soamente poida tratar devanditos datos seguindo instrucións do responsable, salvo que estea obrigada a iso en virtude do Dereito da Unión ou dos Estados membros. Entre outras medidas, solicitaranse os compromisos de confidencialidade persoais necesarios, nos que se fará mención expresa ao deber de secreto profesional conforme ao esixido no Regulamento Xeral de Protección de Datos.

En cumprimento do principio de limitación da finalidade, os datos persoais serán tratados unicamente para as finalidades indicadas e para ningunha outra, e non serán utilizados posteriormente de maneira incompatible co devanditos fin. Os posibles tratamentos que poidan resultar necesarios con fins de arquivo en interese público, investigación científica ou histórica ou estatísticos estarán suxeitos ás garantías previstas no artigo 89 do RGPD e rexeranse pola lexislación aplicable a cada caso. Así mesmo, de acordo co principio de minimización de datos, unicamente serán obxecto de tratamento os datos que sexan adecuados, pertinentes e estritamente necesarios para as distintas funcionalidades do sistema, despois de valorar a necesidade do seu tratamento e a súa pertinencia, ademais de non existir outra medida menos invasiva que poida ofrecer os mesmos resultados.

O cumprimento do principio de responsabilidade proactiva e da obrigación de aplicar a privacidade desde o deseño e por defecto documentouse nunha avaliación de impacto na protección de datos.

Dita avaliación de impacto será obxecto das actualizacións necesarias na medida en que o sistema e a aplicación que dá acceso a este poidan evolucionar, incorporando progresivamente novos servizos para as persoas usuarias ás que inicialmente se poñan á súa disposición, sempre dentro das finalidades e funcionalidades previstas na orde de regulación da aplicación.

Aplicaranse as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco, incluíndo: o uso de pseudónimos e o cifrado de datos persoais; a capacidade de garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento; a capacidade de restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida en caso de incidencia física ou técnica e un procedemento permanente de verificación, avaliación e valoración da eficacia das medidas técnicas e organizativas para garantir a seguridade do tratamento. En concreto, aplicaranse aos tratamentos de datos persoais derivados das distintas funcionalidades do sistema as medidas que correspondan segundo o previsto no Esquema Nacional de Seguridade, protexendo así a seguridade dos datos. Ditas medidas documentaranse adecuadamente. Aplicaranse ademais as medidas necesarias para garantir a exactitude e actualización dos datos persoais tratados.12.Política de cookies‍Utilizamos soamente cookies técnicas que lle permiten á persoa usuaria a navegación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que se ofrecen na aplicación como, por exemplo, identificar a sesión e identificala como usuaria rexistrada cada vez que acceda á aplicación, acceder a partes de acceso restrinxido ou utilizar elementos de seguridade durante a navegación.13.Normativa básica aplicable

  • Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
  • Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
  • Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica (ENS)